Fondo cabecera Concello de Pol

Actualidade

14/07/2025

PRAZO DE MATRICULA NO P.A.I. PARA O CURSO 2025/2026

Imagen noticia
Infórmase de que do 15 de xullo ao 31 de xullo de 2025 está aberto o prazo de inscrición para aqueles que xa fixeron a reserva de praza no Punto de Atención á Infancia (PAI) de Pol para o curso 2025/2026. 
Os nenos e nenas que estiveron no PAI durante o curso 2024/2025 e que manifestaron a súa intención de continuar un ano máis non necesitan solicitar praza porque xa a teñen concedida. 
Os interesados deberán formalizar a súa solicitude no prazo sinalado no modelo normalizado que se facilitará: 

Ler máis...

10/06/2025

PLAN CORRESPONSABLES DO CONCELLO DE POL_CAMPAMENTO DE VERÁN 2025

Imagen noticia

PLAN CORRESPONSABLES DO CONCELLO DE POL

CAMPAMENTO DE VERÁN 2025

Actuación financiada pola Secretaría Xeral da Igualdade, en desenvolvementeo do Plan Corresponsables.

Ler máis...

28/05/2025

Obra_Mellora de camiño entre Arcos de Frades e Bouzoá

Imagen noticia

PLAN MARCO DE MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A PARCELAS AGRÍCOLAS 2024-2025, COFINANCIADO CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) AO ABEIRO DO PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (PDR) 2014-2020

Actuacións:

  • Mellora de camiño entre Arcos de Frades e Bouzoá
  • Mellora de camiños en Arcos de Frades

Ler máis...

27/05/2025

Obra_Mellora de camiños en Arcos de Frades

Imagen noticia

PLAN MARCO DE MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A PARCELAS AGRÍCOLAS 2024-2025, COFINANCIADO CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) AO ABEIRO DO PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (PDR) 2014-2020

Actuacións:

  • Mellora de camiño entre Arcos de Frades e Bouzoá.
  • Mellora de camiños en Arcos de Frades.

Ler máis...

24/03/2025

SAT - Servizo de Atención Temperá

Imagen noticia

Agrupación dos concellos de Mondoñedo, Abadín, Barreiros, Lourenzá, Pastoriza, A Pontenova, Riotorto, Trabada, Meira e Pol. 

Esta entidade foi beneficiaria da convocatoria de subvencións ás entidades locais da Comunidade autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2024 a 2026, cofinanciada pola Unión Europea. 

O obxectivo principal destas axudas é promover a autonomía persoal de menores de 0 a 6 anos con trastornos no seu desenvolvemento. 

O resultado que se pretende acadar é facilitar a inclusión social e a igualdade de oportunidades de todos os nenos e nenas. 

A atención temperá é un servizo de carácter público e gratuito que atende á poboación infantil de 0 a 6 anos, ás súas familias e á súa contorna, que ten por obxectivo atender o máis axiña posible as necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos/as con transtorno no seu desenvolvemento ou con risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía e a inclusión social. 

"Esta actuación está cofinanciada polo Programa FSE +  Galicia 2021-2027"

Ler máis...

VER MÁIS NOVAS

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Pol
Concello de Pol
Plaza de Galicia - Mosteiro N°1 – 27270 Pol - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 345 029 | Fax: 982 345 330
E-mail: concello@concellodepol.gal