Fondo cabecera Concello de Pol

Actualidade

22/04/2024

CONSULTA LISTAS ELECTORAIS ELECCIÓNS AO PARLAMENTO EUROPEO

Imagen noticia

 Ante a convocatoria de Eleccións ao Parlamento Europeo do 9 de xuño de 2024 este concello mantén un servizo de consulta das listas electorais durante o prazo de oito días, a partir do sexto día posterior á convocatoria de eleccións, do 22 ata o 29 de abril, ambos os dous inclusive, aos efectos de presentación de reclamacións.

A consulta deberá formularse por medios informáticos previa identificación do interesado. O documento de identificación deberá ser algún dos que, para o acto de votación, indica o artigo85.1 da Lei Electoral: DNI, pasaporte ou permiso de conducir en que apareza a fotografía do titular.

Ler máis...

22/04/2024

ITV DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS

Imagen noticia

A Unidade Móbil 04 de Inspección Técnica de Agrícolas ten previsto desprazarse a esta localidade para realizar inspeccións técnicas periódicas de vehículos agrícolas os días e nas horas que se sinalan a continuación:

  •   21 de maio: de 9:00h a 13:30h e de 15:15 a 18:00h.
  •   23 de maio: de 9:00h a13:30h e de 15:15 a 18:00h.
  •   24 de maio: de 9:00h a13:30h
  •   27 de maio: de 9:00h a13:30h e de 15:15 a 18:00h.

Para solicitar cita previa poden chamar ao teléfono 902.30.90.00 ou a través da páxina web: www.sycitv.com, no apartado de cita previa.

A devandita Unidade Móbil estará situada en Mosteiro, na Plaza de Galicia (ao lado da Caseta da Carballeira).

Ler máis...

15/04/2024

ANUNCIO RESERVA DE PRAZA NO PAI CURSO 2024/2025

Imagen noticia
Infórmase de que do 15 de abril ao 30 de maio de 2024 está aberto o prazo de solicitude de reserva de praza para nenos maiores de 3 meses e menores de 4 anos no Punto de Atención á Infancia (PAI) de Pol.
Os nenos e nenas que estiveron no PAI durante o curso 2023-2024 e que manifestaron a súa intención de continuar alí un ano máis non necesitan solicitar reserva de praza porque xa se lles concedeu.
Os interesados deberán formalizar a súa reserva de praza no prazo sinalado no modelo normalizado que se lles facilitará:
  • - Nas oficinas do Concello.
  • - Na páxina web: www.concellopol.es
  • - No Punto de Atención á Infancia (PAI)

Ler máis...

28/11/2023

Bases Obradoiro de Emprego O CASTRO IX

Faise público as bases para a selección das persoas traballadoras participantes no Obradoiro Dual de Emprego O CASTRO IX

Ler máis...

30/10/2023

"SINALIZACIÓN DA REDE DE MICROPAISAXES ANCARES TERRAS DE BURÓN NO CONCELLO DE POL"

Enlace á información sobre "SINALIZACIÓN DA REDE DE MICROPAISAXES ANCARES TERRAS DE BURÓN NO CONCELLO DE POL"
  • https://micropaisajes.es/gl/region/pol-gl/
  • https://micropaisajes.es/region/pol/

    Ler máis...

VER MÁIS NOVAS

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Pol
Concello de Pol
Plaza de Galicia - Mosteiro N°1 – 27270 Pol - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 345 029 | Fax: 982 345 330
E-mail: concello@concellodepol.gal