Actualidade
22/04/2024
Ante a convocatoria de Eleccións ao Parlamento Europeo do 9 de xuño de 2024 este concello mantén un servizo de consulta das listas electorais durante o prazo de oito días, a partir do sexto día posterior á convocatoria de eleccións, do 22 ata o 29 de abril, ambos os dous inclusive, aos efectos de presentación de reclamacións.
A consulta deberá formularse por medios informáticos previa identificación do interesado. O documento de identificación deberá ser algún dos que, para o acto de votación, indica o artigo85.1 da Lei Electoral: DNI, pasaporte ou permiso de conducir en que apareza a fotografía do titular.
Ler máis...
22/04/2024
A Unidade Móbil 04 de Inspección Técnica de Agrícolas ten previsto desprazarse a esta localidade para realizar inspeccións técnicas periódicas de vehículos agrícolas os días e nas horas que se sinalan a continuación:
- 21 de maio: de 9:00h a 13:30h e de 15:15 a 18:00h.
- 23 de maio: de 9:00h a13:30h e de 15:15 a 18:00h.
- 24 de maio: de 9:00h a13:30h
- 27 de maio: de 9:00h a13:30h e de 15:15 a 18:00h.
Para solicitar cita previa poden chamar ao teléfono 902.30.90.00 ou a través da páxina web: www.sycitv.com, no apartado de cita previa.
A devandita Unidade Móbil estará situada en Mosteiro, na Plaza de Galicia (ao lado da Caseta da Carballeira).
Ler máis...
15/04/2024
Infórmase de que do 15 de abril ao 30 de maio de 2024 está aberto o prazo de solicitude de reserva de praza para nenos maiores de 3 meses e menores de 4 anos no Punto de Atención á Infancia (PAI) de Pol.
Os nenos e nenas que estiveron no PAI durante o curso 2023-2024 e que manifestaron a súa intención de continuar alí un ano máis non necesitan solicitar reserva de praza porque xa se lles concedeu.
Os interesados deberán formalizar a súa reserva de praza no prazo sinalado no modelo normalizado que se lles facilitará:
- - Nas oficinas do Concello.
- - Na páxina web: www.concellopol.es
- - No Punto de Atención á Infancia (PAI)
Ler máis...
28/11/2023
Faise público as bases para a selección das persoas traballadoras participantes no Obradoiro Dual de Emprego O CASTRO IX
Ler máis...
30/10/2023
Enlace á información sobre "SINALIZACIÓN DA REDE DE MICROPAISAXES ANCARES TERRAS DE BURÓN NO CONCELLO DE POL"
- https://micropaisajes.es/gl/region/pol-gl/
- https://micropaisajes.es/region/pol/
Ler máis...
VER MÁIS NOVAS