Fondo cabecera Concello de Pol

Parroquias

ARCOS DE FRADES (Santiago)

Parroquia pertencente ó arciprestado de Luaces e Diócese de Lugo. Limita ó norte con Silva; ó sur, con Lea e Cirio; ó leste, con Silva; e, ó oeste, con Viladonga (Castro de Rei). Conta con 38 habitantes, agrupados na entidade do mesmo nome.

CARAÑO (San Martiño)

Freguesía pertencente ó arciprestado de Luaces e Diócese de Lugo. Limita ó norte, con Valonga e Luaces; ó sur con Montecubeiro (Castroverde) e Retizós (Baleira); ó leste con Milleirós e Retizós (Baleira); e, ó oeste, con Luaces, Gondel e Montecubeiro (Castroverde). Os seus 127 habitantes están agrupados nas entidades de Caraño, Caraño de Abaixo, Carballa Marela, Os Castros, A Cruzada, Cubeiro, Churiz, Mirón, Pacios e Ver.

CARAZO (San Pedro)

Freguesía anexa de Suegos, arciprestado de Luaces e Diócese de Lugo. Limita ó norte, con Santa María de Fraialde e Lea; ó sur con Santiago de Meda (Castroverde); ó leste con Suegos; e, ó oeste con Santa Comba de Orizón (Castro de Rei). Ten 26 habitantes distribuídos entre as entidades do Outeiro e A Regada.

CIRIO (Santa María)

Parroquia pertencente ó arciprestado de Luaces e Diócese de Lugo. Linda ó norte con Arcos de Frades, Silva e Mosteiro; ó sur, con Suegos; ó leste, con Luaces e Montecubeiro (Castroverde); e, ó oeste con Lea. Conta con 118 habitantes agrupados nas entidades de Cirio, Rois e Xerbolés.

FERREIROS (Santo André)

Parroquia pertencente ó arciprestado de Azúmara e Diócese de Mondoñedo-Ferrol. Limita ó norte con Pousada e Fomiñá (A Pastoriza); ó sur, con San Martiño de Ferreiros e Torneiros; ó leste, con Meira; e, ó oeste, con Prevesos (Castro de Rei). Conta con 82 habitantes distribuídos entre as entidades de Chaín, Ferreiros e Gomesende.

FRAIALDE (Santa María)

Freguesía anexa da parroquia de Cirio, arciprestado de Luaces e Diócese de Lugo. Limita ó norte con Ludrio (Castro de Rei); ó sur, con Carazo; ó leste, con Lea; e, ó oeste, con Mondriz e Santa Comba de Orizón (Castro de Rei). Conta con 48 habitantes distribuídos nas entidades do Caxigo, Os Correás, A Granda Vella, O Mazo, Vilameá e Vilarigo.

GONDEL (San Cosme)

Freguesía anexa de Caraño, arciprestado de Luaces e Diócese de Lugo. Está delimitada polo norte, con Caraño e Luaces; ó sur, con Montecubeiro (Castroverde); ó leste, con Caraño; e, ó oeste, con Luaces. Conta con 33 habitantes distribuídos entre as entidades de Aldea, Eirexe e O Pacio.

HERMUNDE (San Pedro)

Parroquia pertencente ó arciprestado de Luaces e Diócese de Lugo. Limita polo norte con Torneiros e San Martiño de Ferreiros; polo sur, con Pol e Silva; polo leste, con Valonga; e, polo oeste, con Ramil (Castro de Rei). Ten 93 habitantes distribuídos entre as entidades do Adrado, Castro de Hermunde, Forxán, Hermunde, Lourixe e Veiga da Campa.

LEA (San Bertolomeu)

Anexo da parroquia de Santiago de Viladonga (Castro de Rei), arciprestado de Azúmara e Diócese de Mondoñedo-Ferrol. Limita ó norte con Arcos de Frades; ó sur, con Suegos; ó leste, con Cirio; e, ó oeste, con Fraialde e Viladonga (Castro de Rei). Conta con 45 habitantes distribuídos entre as entidades do Curro, O Regueiral e A Veiga de Lea.

LUACES (Santa María)

Parroquia pertencente ó arciprestado de Luaces e Diócese de Lugo. Limita ó norte con Pol e Mosteiro; ó sur, con Gondel e Montecubeiro (Castroverde); ó leste, con Valonga, Caraño e Gondel; e, ó oeste, con Cirio e Mosteiro. Ten 65 habitantes distribuídos entre as entidades de Luaces, Nixela, O Outeiro, O Porto da Valiña, Pousadela, Ribadauga, Sarrille, Subarreiro, Trasín, A Valiña e Vilar do Infante.

MILLEIRÓS (Santiago)

Freguesía anexa de Valonga, arciprestado de Luaces e Diócese de Lugo. Limita ó norte, con Valonga; ó sur, con Caraño e Retizós (Baleira); ó leste, con Martín e Retizós (Baleira); e, ó oeste, con Caraño. Conta con 56 habitantes distribuidos entre as entidades de Aldea, Cadagunde, Casabraira, Eirexe, Landriz, Muiña (A) Valincovo.

MOSTEIRO (San Salvador)

Freguesía anexa de Santa María de Luaces, arciprestado de Luaces e Diócese de Lugo. Limita ó norte con Silva; ó sur, con Luaces, Cirio e Silva; ó leste, con Pol e Luaces; e, ó oeste, con Silva. Mosteiro é o único núcleo urbano do municipio e conta con 193 habitantes. O seu rueiro comprende a Avda. do Río Azúmara, Camiño de Cadeite, Camiño de Rielo, Estrada de Lugo, Casas do Pacio, Praza de Galicia, rúa de Castelao, rúa do Emigrante, rúa de Emilia Pardo Bazán, rúa de Rosalía de Castro e rúa de Xan Montes.

POL (Santo Estevo)

Freguesía anexa de San Pedro de Hermunde e pertencente ó arciprestado de Luaces e Diócese de Lugo. Constitúen os seus límites parroquiais, ó norte, Hermunde; ó sur, Luaces; ó leste, Valonga; e, ó oeste, Hermunde, Silva e Mosteiro. Conta con 25 habitantes agrupados nas entidades de Arroxiña, O Carballal, Eirón, Galegos, A Lagoa, Pol e Ribeiro.

SAN MARTÍN DE LÚA (San Martín)

Anexo da parroquia de Valonga, arciprestado de Luaces e Diócese de Lugo. Limita ó norte con Meira; ó sur, con Martín (Baleira); ó leste, con Navallos e Santalla (Ribeira de Piquín) e Martín (Baleira); e, ó oeste, con Valonga. Conta con 51 habitantes distribuídos entre as entidades do Candal, Crende, Lúa, A Pena e Vilamide.

SAN MARTIÑO DE FERREIROS (San Martiño)

Parroquia pertencente ó arciprestado de Azúmara e Diócesie de Mondoñedo-Ferrol. Está delimitada polo norte con Santo André de Ferreiros e Meira; ó sur, con Hermunde e Valonga; ó leste, con Meira; e, ó oeste, con Santo André de Ferreiros e Torneiros. Conta con 105 habitantes distribuídos entre as entidades da Chafarica, Lamelas, OS Porrás, A Poula, San Martiño, Saviñao, Vilar e Vilaxilde.

SILVA (Santiago)

Freguesía pertencente ó arciprestado de Azúmara e Diócese de Mondoñedo-Ferrol. Limita polo norte con Ramil (Castro de Rei), Hermunde e Pol; polo sur, con Arcos de Frades, Cirio e Mosteiro; polo leste, con Pol e Mosteiro; e, polo oeste, con Ramil e Viladonga (Castro de Rei) e Arcos de Frades. Os seu 152 habitantes agrúpanse nas entidades de Andión, O Barreiro, Bouzoá, Doncide, Eiras, Fonfría, Granda, O Outeiro, Porto de Eira, Silva, Ventín e Vilavella.

SUEGOS (Santa Eulalia)

Freguesía pertencente ó arciprestado de Luaces e Diócese de Lugo. Limita ó norte coas parroquias de Lea e Cirio; ó sur, con Meda (Castroverde); ó leste, con Montecubeiro (Castroverde); e, ó oeste, con Carazo. Conta cunha poboación de 146 habitantes agrupados nas entidades de Baílle, Cima de Vila, Folgueiras, Laga, Pozo, A Regueira e Vigo.

TORNEIROS (San Lourenzo)

Freguesía pertencente ó arciprestado de Luaces e Diócese de Lugo. Limita ó norte cos termos parroquiais de Santo André de Ferreiros; ó sur, con Hermunde; ó leste, con San Martiño de Ferreiros; e, ó oeste, con Ramil (Castro de Rei). Os seus 82 habitantes están agrupados nas entidades de Cadoira, O Campo do Prado, Casal, Lixuás, Reádigos, As Veigas e A Vilasusá.

VALONGA (Santa María)

Freguesía pertencente ó arciprestado de Luaces e Diócese de Lugo. Limita ó norte con San Martiño de Ferreiros; ó sur, con Caraño e Milleirós; ó leste, con San Martín de Lúa e Martín (Baleira); e, ó oeste, con Hermunde, Pol e Luaces. Os seus 253 habitantes agrúpanse nas entidades do Albar, Belesende, O Fontao, Orán, O Outeiro, Penamazada, A Poula, Ribeiro, Rioxoán, Susá, Valín das Trabas e Valonga.

NOTA: Datos de poboación referidos a 1 de xaneiro de 2014.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Pol
Concello de Pol
Plaza de Galicia - Mosteiro N°1 – 27270 Pol - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 345 029 | Fax: 982 345 330
E-mail: concello@concellodepol.gal