Fondo cabecera Concello de Pol

Saúdo do Alcalde

Alcalde_Lino1

Como Alcalde de Pol, doulles a benvida a web oficial do noso concello.

Con este novo portal municipal, o Concello de Pol, busca estar máis preto dos seus veciños, mantelos informados das novidades municipais e lograr un diálogo con suxerencias e opinións, necesario para mellorar os servizos e demandas diarias. Ó mismo tempo quere ser unha fiestra que ensine o resto do mundo, a nosa xente, as nosas parroquias, e como non, a súa historia, a súa natureza, as festas e a gastronomía.

O municipio de Pol, ten a riqueza propia dun territorio do interior lucense, con interesantes recursos paisaxísticos, naturais e ambientais, ademais de arqueolóxicos, todos eles merecentes de seren coñecidos.

Ten un importante sector primario, no que destaca a agricultura e a gandeiría, en constante evolución, adaptándose ós novos retos da economía global. Outros sectores importantes son o forestal, a pizarra e os áridos. Gañan cada día máis forza o turismo da natureza, a pesca e a caza.

Pero, sen dubida algunha, o máis importante deste municipio son as súas xentes.

Nesta páxina, a alcaldía, non quere esquecerse dos seus conveciños que se viron obrigados a buscar traballo noutras terras. Esta comunicación virtual, ha de server, para que os emigrantes e a súa familia se atopen máis cerca desta terra e os seus habitantes, terra que sempre foi e será deles.

Compre lembrar que en Pol, e, en homenaxe a estas persoas organizamos cada mes de agosto, a moi recoñecida en Galicia e alen das súas fronteiras, "Festa do Emigrante"

Naturalmente, as persoas que visiten este pobo de Pol, terán a oportunidade de coñecer estas e outras riquezas, como os castros, os xacementos arqueolóxicos, a arquitectura popular, os ríos, os bosques, etc. ademáis de disfrutar da tradicional feira mensual de Mosteiro, sempre que teñan a sorte de coincidir no tempo.

Aproveiten, esta nova tecnolóxia da información, para acercarse a este municipio, non dubidamos, que despois do percorrido virtual, acabaran coñecendo persoalmente, este fermoso pobo de progreso e solidaridade. Estaremos encantados de saúdalos.

D. Lino Rodríguez Ónega.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Pol
Concello de Pol
Plaza de Galicia - Mosteiro N°1 – 27270 Pol - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 345 029 | Fax: 982 345 330
E-mail: concello.pol@eidolocal.es