Fondo cabecera Concello de Pol

Escudo de Pol

escudo_de_pol

O escudo de Pol está configurado conforme ás instrucións impostas pola heráldica. Conta coa reprodución das armas de Pol: no lado esquerdo de sinople aparece un cáliz de ouro. Enriba deste, dúas estrelas de seis puntas en faixa do mesmo metal; no lado dereito, partido de prata e tres crecentes coas puntas cara abaixo, en pau de azul escuro. Timbrado de coroa real composta dun aro con encaixes de pedras fermosas, saliente de oito floróns de follas de apio (cinco delas á vista), xebrados cada un por apuntadas perliñas. Dos floróns arrincan outras tantas diademas sumadas de perlas que se axuntan nun mundo con meridiano e ecuador de ouro, e que rematan nunha cruz moi pequeniña, tamén deste mesmo metal. O forrado deberá de ir en vermello heráldico.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Pol
Concello de Pol
Plaza de Galicia - Mosteiro N°1 – 27270 Pol - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 345 029 | Fax: 982 345 330
E-mail: concello@concellodepol.gal