Fondo cabecera Concello de Pol

Historia e Patrimonio

A dilatada historia do municipio de Pol, quedóu plasmada nos numerosos vestixios arqueolóxicos que abundan no municipio. Existen mámoas nas parroquias de Valonga, Lúa, Arcos, Ferreiros, Mosteiro, Carrazo e Silva.

Da misma maneira, da cultura castrexa quedan os castros de Torneiros, Brea (en Caraño), Rois (en Cirio), Trasín (en Luaces), Castro de Hermunde (en Hermunde) e Andión (en Silva). Tamén os romanos deixaron importantes pegadas nestas terras como unha ara votiva, dedicada a os dioses viais ou protectores dos camiños encontrada en Mosteiro, que se conserva no Museo Arqueolóxico de Viladonga, o mosaico romano de Doncide, na parroquia de Silva, oxe desaparecido, do que se conservan fotos no Mueso Arqueolóxico de Viladonga ou a tessera dos zoelas, inscripción na que se recolle un pacto de amistade entre os triapos e os desonsos, do ano 27 a. de C.

No transcurso da época medieval boa parte das terras de Pol pertencerón o Mosterio de Meira, que tiña foreiros en muitas parroquias. No ano 1270 os veciños de Luaces acoden o Rei Afonso X, que teña terras de reguengo en Valonga, en busca de terras para mellor vivir. Éste concedelles o privilexio de que fixeran pobo en Valonga, compensando ao obispo de Lugo e ao cabido dos dereitos que lles pudiesen corresponder.

A terra de Luaces estivo unida o señorío de Castroverde que pertencia a casa de Lemos. No  ano 1514 pasou por venda o condado de Altamira. No transcurso do seculo XVI oubo varios conatos de rebelión, sendo o máis importante o do aoo 1560, no que as xentes de Luaces levantaronse contra o señorío de Altamira, razón pola cal esta casa lles concedeo varios dereitos coñecidos como ordeanzas do xulgado de Luaces e que estivieron vixentes hasta o ano 1811, no que se suprimieron os señoríos.

No periodo coñecido como Antiguo Réxime o territorio que acolle o actual concello de Pol estaba pidido en duas xurisdiccions maiores, Luaces e Lea, e unha menor, Meira. Na xurisdicción de Luaces exercía o señorío o conde de Altamira, na de Lea o conde de Grajal e na de Meira o Real Colexio de Meira, da orde de San Bernardo.

No ano 1840, coa reorganización xudicial e provincial nace o actual concello de Pol, tomando o nome da parroquia na que se establece a casa consistorial e quedando o concello tal como é oxe en día, coa salvedade de que a parroquia de Lúa non aparece como tal ata finais do seculo 19, xa que era considerada como una vigairía pertencente a parroquia de Valonga.

No ano 1857 foi decapitado no Reino de Tonkín, oxe Vietnam, por orde do emperador Tu Duc, José María Díaz Sanjurjo, natural da parroquia de Suegos, que foi canonizado o 19 de junio de 1988 en Roma polo Papa Xoán Paulo II.

No ano 1970 autorizase por unha resolución do consello de  ministros o cambio de capitalidade do concello de Pol pasando a ser Mosteiro.

A arquitectura relixiosa conta con bos exemplos, sobre todo románicos e barrocos. A de Santa María de Valonga é románica así coma de Santa María de Cirio que ten unha inscripción no tímpano do frontis, ademáis de conservar unha lauda sepulcral no pavimento. A capilla maior foi reformada no seculo XVIII no que se lle añadiu un retablo maior neoclásico. O barroco  apreciase nas igrexas de San Pedro de Hermunde, na de Santa María de Fraialde con escudo dos Montenegro e na parroquial de San Martiño de Caraño, ainda que ésta tamén conserva elementos de estilo ojival. No templo parroquial de Pol destaca o retablo maior salomónico do ano 1763. Nun alto con impresionantes vistas panorámicas encuentrase a ermida de Nosa Señora das Neves donde se celebra unha conocida romería relixiosa. Con respecto a arquitectura civil existen numerosas casas solariegas coas suas respectivas pedras de armas. Destacan a casa de Eiras en Silva, de duas plantas do seculo XVIII, a Casa de Arriba, a Casa de Olga na parroquia de Caraño; a Casa de Pousadela en Luaces; a Casa do Abogado en Lea e, finalmente a Casa de Fondón en Cirio, con capela, fonte e ortas que datan do seculo XIX.


Imprescindible: Igrexa de Valonga | Ermida de Nosa Sra. das Neves | Parroquial de Pol | Casa Grande de Eiras.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Pol
Concello de Pol
Plaza de Galicia - Mosteiro N°1 – 27270 Pol - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 345 029 | Fax: 982 345 330
E-mail: concello.pol@eidolocal.es