Fondo cabecera Concello de Pol

Espacios Naturais

A paisaxe é o primeiro valor do concello de Pol. Distinto e multiforme, as veces sorprendente. Otero Pedrayo definiú a comarca polense como país de colinas. É, certamente o seu selo de identidade. Onduladas colinas, que acollen gándaras e altiplanos, ríos e regos de aguas lentas, sin presa por chegar o mar, e vales recoletos, viciosos de frondosas e prados. Os prados de Pol son escenario e adorno, despensa y riqueza. Tapiz continuo que nin sequera cede diante o monte. E a fraga antiga coa presenza maxestuosa de carballo, do castaño nutricio, da branca abidueira, do salgueiro ribeirán, que non se rinden diante do pino e do eucalipto.

Cave destacar no tocante a presencia de espazos naturais que o concello de Pol, practicamente na totalidade da sua superficie municipal excepto o sector nororiental, está incluído dentro da Reserva da Biosfera de Terras do Miño. Esta delimitación ten por obxetivo a protección dos paisaxes, dos hábitats e das especies existentes na cunca do río Miño. Nesta declaración de reserva da biosfera integranse dous aspectos fundamentais, a conservación do medio e o desenvolvemento da poboación local. Ademais hai que resaltar o feito de que nas proximidades do concello encuentranse os espacios naturais catalogados como Lugares de Importancia Comunitaria de A Marronda e do Río Eo.

A parte deeste espacio protexido, no concello tamén se localizan espazos pertencentes o inventario de Humidais de Galicia, localizados na parroquia de Hermunde. O humedal de A Pedreira 1 e o de A Pedreira 2 asociados a explotacions mineiras abandoadas.

Amais dos anteriores, no concello localizanse outros espazos pertencentes o Inventario Nacional de Hábitats entre os que se encuentran breixos húmidos atlánticos, e fragas aluviais, námbolos casos catalogados como hábitats prioritarios.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Pol
Concello de Pol
Plaza de Galicia - Mosteiro N°1 – 27270 Pol - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 345 029 | Fax: 982 345 330
E-mail: concello@concellodepol.gal