A Agrupación de Voluntarios de Protecciòn Civil do Concello de Pol foi creada no mes de abril de 1998 co fin de protexe-la integridade física das persoas en accidentes varios, a seguridade en concentracións humanas, a conservación do medio natural, colaboración en servizos sociais, etc.
Pódense establecer os seguintes:
Outros riscos que cabe destacar son os que se desencadean ante a celebración de actos multitudinarios, é dicir, concentración dunha gran cantidade de persoas en recintos pechados como son festas da terceira idade, festas populares (Festa do Emigrante...), feiras e actos culturais ou relixiosos (enterros, etc.), ou ben outro tipo de riscos provocados por problemas de saúde, dado o envellecemento da poboación neste municipio, como son a perda de orientación e, ás veces, de consciencia, o que provoca a busca de persoas desorientadas.