Fondo cabecera Concello de Pol

Protección civil

A Agrupación de Voluntarios de Protecciòn Civil do Concello de Pol foi creada no mes de abril de 1998 co fin de protexe-la integridade física das persoas en accidentes varios, a seguridade en concentracións humanas, a conservación do medio natural, colaboración en servizos sociais, etc.

RISCOS POTENCIAIS NO CONCELLO

Pódense establecer os seguintes:

  • Nevadas: producen o illamento de núcleos de poboación e danos en bens.
  • Xeadas: producen accidentes de tráfico.
  • Choivas intensas que producen alteracións no medio.
  • Incendios forestais: produce grandes perdas ademais de danos materiais e de medio ambiente.

Outros riscos que cabe destacar son os que se desencadean ante a celebración de actos multitudinarios, é dicir, concentración dunha gran cantidade de persoas en recintos pechados como son festas da terceira idade, festas populares (Festa do Emigrante...), feiras e actos culturais ou relixiosos (enterros, etc.), ou ben outro tipo de riscos provocados por problemas de saúde, dado o envellecemento da poboación neste municipio, como son a perda de orientación e, ás veces, de consciencia, o que provoca a busca de persoas desorientadas.

  • Accidente de transporte: mercadorías perigosas, transporte escolar, ómnibus con persoas, etc.

ACTIVIDADES REALIZADAS

  • Busca de persoas desaparecidas.
  • Participación no Camiño de Santiago.
  • Coordinación de actividades deportivas.
  • Organización da seguridade en concentracións humanas.
  • Estado de alerta ante o temporal de neve.
  • Actuación durante as nevaradas coa cuña quitaneves.
  • Repartición de xoguetes no Nadal.
  • Participación na cabalgata de reis.
  • Recollida e traslado de roupa a Cáritas.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Pol
Concello de Pol
Plaza de Galicia - Mosteiro N°1 – 27270 Pol - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 345 029 | Fax: 982 345 330
E-mail: concello.pol@eidolocal.es