Fondo cabecera Concello de Pol

Actualidade

BANDO medidas excepcionais ante a terceira ola de expansión do Coronavirus

Debido á situación xerada pola expansión do Coronavirus nesta terceira ola, o Concello de Pol, á vista da situación epidemiolóxica e da sua propagación, decidiu adoptar as seguintes medidas preventivas: A atención ao público nas oficinas do Concello deberá restrinxirse a casos de extrema necesidade e solicitando cita previa no teléfono 982345029. Tamén se poden realizar os trámites a través da sede electrónica (https://concellopol.sedelectronica.gal/info.0) que estará operativa durante as 24 horas. Atenderase telefónicamente (982345029) e a través do correo electrónico na medida do posible. No caso de necesidade urxente de atención persoal nas dependencias municipais, gardarase unha distancia mínima dun metro co persoal que o/a atenda e non se xuntarán máis de duas persoas nas dependencias municipais. O uso de xel e da mascariña seguirá sendo obrigatorio como o de ata agora. A obrigatoriedade da adopción destas medidas estará vixente dende o luns 25 de xaneiro, ata novo aviso. Estamos ante unha situación que coa actuación responsable de todos, seremos capaces de superar se seguimos as directrices e recomendacións dos expertos. Rogamos aos veciños e veciñas de Pol a máxima colaboración.
Bando expansión Coronavirus

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Pol
Concello de Pol
Plaza de Galicia - Mosteiro N°1 – 27270 Pol - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 345 029 | Fax: 982 345 330
E-mail: concello@concellodepol.gal