Fondo cabecera Concello de Pol

Actualidade

Aprobación provisional modificación de Ordenanzas Fiscais

Acordo do Pleno do Concello de Pol polo que se aproba provisionalmente a modificación das Ordenanzas Fiscais que se detallan: Taxa pola prestación do servizo de abastecemento de auga, Taxa por tendidos, tubaxes e galerías para a condución de enerxía eléctrica, auga, gas ou calquera outro fluído, incluídos os postes para liñas, cables, palomillas, etc. sobre a vía pública, Taxa por prestación dos servizos de rede de sumidoiros, Taxa por outorgamento de licenzas e autorizacións administrativas de autotaxis e demais vehículos de aluguer, Taxa pola prestación do servizo de tanatorio municipal, Taxa pola prestación do servizo de recollida do lixo domiciliario, Taxa por expedición de documentos administrativos e dereitos de exame, Taxa por licenzas de apertura de establecementos, Taxa do Punto de Atención á Infancia, Imposto sobre vehículos de tracción mecánica. Sométese o expediente a información pública polo prazo de trinta días a contar desde o día seguinte da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas. Data publicación BOP: 22/07/2021

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Pol
Concello de Pol
Plaza de Galicia - Mosteiro N°1 – 27270 Pol - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 345 029 | Fax: 982 345 330
E-mail: concello@concellodepol.gal