Agrupación dos concellos de Mondoñedo, Abadín, Barreiros, Lourenzá, Pastoriza, A Pontenova, Riotorto, Trabada, Meira e Pol.
Esta entidade foi beneficiaria da convocatoria de subvencións ás entidades locais da Comunidade autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2024 a 2026, cofinanciada pola Unión Europea.
O obxectivo principal destas axudas é promover a autonomía persoal de menores de 0 a 6 anos con trastornos no seu desenvolvemento.
O resultado que se pretende acadar é facilitar a inclusión social e a igualdade de oportunidades de todos os nenos e nenas.
A atención temperá é un servizo de carácter público e gratuito que atende á poboación infantil de 0 a 6 anos, ás súas familias e á súa contorna, que ten por obxectivo atender o máis axiña posible as necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos/as con transtorno no seu desenvolvemento ou con risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía e a inclusión social.
"Esta actuación está cofinanciada polo Programa FSE + Galicia 2021-2027"