Fondo cabecera Concello de Pol

Actualidade

BANDO OBRADOIRO DE EMPREGO O CASTRO XI

A Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego, Comercio e Emigración concedeu unha axuda aos Concellos de Ribeira de Piquín, Castroverde, Pol, A Pastoriza e Riotorto para poñer en funcionamento un Obradoiro de Emprego nos referidos concellos.

Por tal motivo, informamos que corresponde seleccionar 4 alumnos a cada Concello.

Os requisitos dos alumnos para participar neste obradoiro son os seguintes:

1.- Estar desempregado no momento da selección e no momento da contratación e empadroado neste concello.

2.- Ter unha idade entre 18 e 64 anos.

3.- Ter un nivel profesional ata oficial de 2ª inclusive.

4.- Inscribirse antes do día 6 de MAIO na oficina de emprego de LUGO sita na Rúa da Saúde, nº 4, na seguinte ocupación: Módulo de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes AGAR0309. Ocupación ou postos de traballo relacionados (Xardineiro, peón xardineiro, peón forestal, traballador forestal) Nivel 1.

BANDO OBRADOIRO DE EMPREGO O CASTRO XI

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Pol
Concello de Pol
Plaza de Galicia - Mosteiro N°1 – 27270 Pol - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 345 029 | Fax: 982 345 330
E-mail: concello@concellodepol.gal